top of page
dereitos.png
miau thums.png

Conservas Alfageme

Conserveira / Bouzas / 1927

A factoría de Alfageme en Bouzas foi durante setenta e cinco anos a central dunha das empresas conserveiras máis importantes e populares de España. A futura conservación e reutilización deste valiosísimo elemento do noso patrimio depende dunha enérxica actuación das administracións públicas que non se está a encamiñar polo momento.

coto thums.png

Cargadoiro de Coto Wagner

Cargadoiro / Cedeira / 1966

Construído na década de 1960 para dar saída ao mercado internacional do mineral de ferro do Bierzo, a impresionante estrutura metálica do cargadoiro de Coto Wagner é a máis vistosa carta de presentación da paisaxe industrial da ría de Vigo.

salina thums.png

Revisión do PXOM de Vigo

A maioria do patrimonio industrial da cidade seguería desprotexido

En abril de 2020 o Concello de Vigo iniciou a tramitación dun novo PXOM de Vigo. Segundo o Borrador da revisión do PXOM presentado, o Concello pretende reeditar o catálogo de patrimonio cultural do PXOM do 2008. Neste artigo analizamos a proposta do Concello e sinalamos algúns puntos crítico onde é preciso mellorar a protección do noso patrimonio.

non common 2.jpg

Cargadoiro de Rande

Cargadoiro de mineral / Trasmañó / 1926

O cargadoiro de Rande, asociado ás minas de ferro do Freixo (Monforte), é un elemento senlleiro do patrimonio mineiro de Galicia. A súa rehabilitación é unha tarefa fundamental para a posta en valor do patrimonio industrial da ría de Vigo e do conxunto patrimonial de Rande.  

ALF-5.jpg

Solicitamos a protección integral da Alfageme 

A asociación Vigo Industrial presenta instancias oficiais

Os valores propios da antiga conserveira e as circustancias urbanísticas actuais obrigan a cidade de Vigo e a cidadanía galega a ser especialmente cauta e atenta co futuro da Alfageme de Bouzas.

cenir.jpg

CENIR

Cerámica / Nigrán / 1941 ?

A cheminea de CENIR na Telleira de Nigrán é a derradeira testemuña da milenaria tradición cerámica deste lugar, da cal temos evidencias dende os tempos dos románs, así como ao longo das idades moderna e contemporánea.

thum pani.png

Panificadora de Vigo

Fariño-panadeira / Vigo / 1924

Durante seis décadas a Cía. Viguesa de Panificación mudou o xeito de facer e comelo pan en cidade e bisbarra. Tralo seu feche en 1981, a súa enorme construción, privilexiada ubicación e impresionante historia, teñena convertido nun referente da identidade, cultura e sociedade viguesa. Queda aínda pendente a súa recuperación.  

thum pego.png

Salto do Pego Negro

Hidroléctrica / Vilaza / 1908

O Salto do Pego Negro, fundado en 1908 polo magnate Laureano Salgado, foi o responsable da primeira electrificación do Val Miñor. Os restos materiais que ainda se conservan desta pequena central, son un vimbio máis da historia dos aproveitamentos do río Zamáns/Vilaza. 

thums sasores.png

Denunciamos a inoperancia do Concello de Vigo

Estanos a dificultar a catalogación do noso patrimonio industrial

Nos últimos meses requerimos en dúas ocasións a colaboración do Concello de Vigo no noso proxecto de catalogación do Patrimonio Industrial da Ría de Vigo: nunha ocasión por PONTESA e noutra pola Panificadora. Ambas solicitudes tiveron unha resposta insatisfactoria.

serapio thm.png

Cetaria de Serapio

Cetaria / Baiona / 1955

Esta cetaria foi fundada por Serapio Puerta e Mª Teresa Romalde, que dende Vigo, Baiona e Guarda estableceron unha rede de trata e comercio de langostas e lumbrigantes que se exteneu por toda España. Esta cetaria de grandes dimensións constitúe un magnifico exemplo da singular arquitectura industrial en pedra feita en Galicia.

vella thm.png

Cetaria vella

Cetaria / Baiona / 1915

A cetaria vella de Monte Real é a testemuña máis antiga do tempo en que Baiona (xunto coa Guarda) era a capital da langosta galega. Tamén é unha das poucas pegadas que aínda perviven do importante pasado industrial e pesqueiro.

franco.jpg

A industria pontevedresa ao cabo da Guerra Civil

A visión da propaganda fascista

En xullo do 1939, para celebrar a victoria do bando fascista, a Falanxe galega, mediante o seu organo "El Pueblo Gallego", lanza un número extraordinario, baixo o título Galicia en la Cruzada Nacional. Neste artigo presentamos o achádego deste tesouro hemerográfico, prestando atención á imaxe que o novo réxime quería dar da industria de Vigo.

interior thum.jpg

PONTESA

Cerámica / Pontesampaio / 1960

A PONTESA é unha das fábricas máis importantes da Ría de Vigo. Fundada en 1960 por Moisés Álvarez como unha aposta pola modernidade e internacionalización da industria cerámica española. Esta factoría transformou fondamente a economía, paisaxe e sociedade do fondo da Ría de Vigo.

santa-maria-1.jpg

Foi a primeira industrial de Vigo unha muller?

A impresionante historia de Mª Alfonso de Pazos Figueroa

Pouco sabemos desta pontevedresa afincada en Vigo a finais do século XV, pero o que sabemos dela é impresionante. Despois de ser abandonada polo seu marido e despoxada do seu patrimonio polos Reis Católicos, obtén un pequeno emprestito familiar que investirá na fabricación e comercio de teas e peixes co Norte de Europa e Andalucía. 

salinas thm.png

Salinas do Ulló

Salinas / Vilaboa / 1679 ?

Hoxe en día o mais antigo elemento do Patrimonio Industrial da Ría de Vigo converteuse nun valiosísimo espazo histórico e natural. A conservación das bancas, comportas, casas, camiños, toponímia, ..., permiten revivir catro siglos de historia das salinas, que tamén o son de Vilaboa.

fiestras thums.png

Salto de Aranza

Hidroeléctrica / A Insua / 1900

En 1901 a electricidade chegou as rúas de Redondela gracias a Electra Popular e o salto de Aranza. Despois de décadas de abandono, as pedras da primeira hidroeléctrica da Ría de Vigo pervive nunha paraxe maravillosa á beira do río Oitavén.

sueiro 1970.png

Conservas Sueiro

Conserveira e salga / Arcade / 1945

Conservas Sueiro é un tesouro do patrimonio industrial da ría de Vigo. Os herdeiros conservan en excelentes condicións a materialidade e memoria da actividade desta pequena industria de Arcade fundada polo comerciante e industrial lugués Ramón G. Sueiro en 1945.

005 thums.png

Antiga estación de Vigo

Estación de ff.cc. / Cedeira / 1878

Fito da modernidade e a era industrial na comarca. A ansiada chegada do ff.cc. á ría de Vigo revolucionou non só os transportes, se non tamén o resto da economía e a sociedade. As pedras do edifício principal estación, dunha excelente cantería, estan actualmente depositadas na estación de Redondela. 

022_1 thum.jpg

Estaleiro de Vicente

Estaleiro tradicional / Domaio / 1920

Carpinteria de ribeira centenaria. A instalación feita por Manuel Rodríguez Lemos en 1920, pervive nun excelente estado de conservación en mans do seu sucesor Vicente Ferradás Moreira. Este estaleiro é derradeiro superviviente do importante núcleo de construcción naval que se deu en Domaio no século XX.

014.5 thum.jpg

Baleeira Massó

Baleeira / Darbo / 1955

A baleeira é unha das instalacións do complexo industrial de Massó en Cangas. É unha das catro factorías baleeiras que existiron en Galicia no século XX.  Xunto coa da Caneliñas (Cee) é a que mellor estado de conservación presenta.

210.0 thum.jpg

AUCOSA

Frigorífica / Coia / 1959

A instalación de AUCOSA en Beiramar é unha das pezas máis vistosas da “revolución do frío” que viviu a industria pesqueira viguesa a mediados do século XX.

227.2.thum.jpg

Bernardo Alfageme

Buque arrastreiro / Coia / 1944

Pioneiro da pesca galega, foi dos primeiros arrastreiros en facer mareas no Gran Sol e Terranova. Feito en aceiro remachado no astaleiro vigués Barreras, é o único buque deste tipo da primeira metade do século XX que aínda se conservaba en condicións de navegación en España ata que, en 2015, foi varado nunha rotonda polo Concello de Vigo.

bottom of page