top of page
Ficha 004

DE LEMOS / de Vicente

Tipo

Estaleiro tradicional

Sector

Naval

Uso actual

Estaleiro

Concello

Moaña

Parroquia

Domaio

Lugar

Punta Fondón

Enderezo

Non procede

Coord.

N 42º16'59'' O 8º41'05'' GPS: 42.2830, -8.6847

Historia

Fundación

1920

Feche

Activo

Fundador

Manuel Rodríguez Lemos

Reseña

En 1920 Manuel Rodríguez Lemos funda este estaleiro nun promontorio da praia de Domaio. No ano 1975, Manuel xubílase e traspasa o estaleiro ás mans de Vicente Ferradás Moreira, que comezara de aprendiz de carpinteiro de ribeira dez anos antes. Vicente, que amais de carpinteiro é musico, mantén o estaleiro en estado funcional e aínda atende os cada vez máis esporádicos encargos que recibe.

A carpintería de ribeira de Lemos e Vicente, a pesar da limitación do espazo que ocupa (reducido e en pendente), demostrouse como a máis lonxeva do núcleo de Domaio, onde nos anos centrais do século XX chegaron a funcionar seis estaleiros máis:  o de Santiago Montenegro, o de Enrique Ferradás, o de José Ríos, o de Francisco Verdeal, o de Francisco Pastoriza, alias Canal, e o de José González Moreira, alias Laxes *1.

Procesos

e

produtos

Entre 1975 e 2001 Vicente Ferradás Moreira construíu unhas setenta embarcacións:

"Uns 30 galeóns de da area e auxiliares de batea, estes últimos duns 15 metros de eslora, e outros 30 barcos de pesca de esloras comprendidas entre o 8 e os 15 metros.

O maior foi o "Areallo 2", draga de area de 17,50 metros de eslora para un armador de Ponteceso.

No ano 1997 construíu dous pesqueiros, o "Nuevo Avizor" de 11,50 metros de eslora total para un armador de Vigo, e o "Taberneiro" de 11 metros para un armador de Cangas*1.

En tempos de Manuel Rodríguez Lemos construíronse embarcacións de todo tipo, entre elas varias de pasaxe, como as que levaron por nome, "Marisa", "Lisa", "Las Palmas" e "Berta".

Maquinaria

conservada

Materalia

Non se coñecen

Arquitectura

Superficie parcela

350 m2 aprox.

205 m2

Sup. ocupación

Descritiva

O estaleiro de Vicente atópase no extremo oeste do porto e casas de Domaio, entre a estrada Po-551 e o mar, nun promontorio que remata na Punta Fondón. É este un terreo con considerable pendente, que segundo o catastro pertence a tres parcelas distintas (unha de usos industrial e dúas agrarias) que suman uns 470 m2, pero en realidade a carpintería de ribeira apenas ocupa un terreo duns 350 m2, dentro do cal, as construcións apenas ocupan uns 205 m2. Amais, podería considerarse como superficie propia do estaleiro á súa saída ao mar, que consiste nun rochedo que, como é natural, pertencente ao Dominio Público Marítimo Terrestre.

O estaleiro esténdese en tres niveis. Na parte superior do terreo atópase a construción do "almacén-obradoiro" e, ao seu redor, entre as árbores, hai espazo para dispoñer os bancos de traballo. Na parte inferior do terreo practicouse un pequeno desmonte para explanalo promontorio e acoller o tinglado. Por último, a "plataforma de botadura" aséntase sobre as rochas do mar, no Dominio Público Marítimo Terrestre.

Todas estas construcións atópanse envoltas pola vexetación, co cal o estaleiro resultan pouco visible excepto na parte que se abre ao mar.

- Tinglado:  Estrutura sen paramentos, duns 18 x 10 m, consistente nun pórtico de oito armazóns equidistantes aproximadamente 2,5 m entre si. A tallada do desmonte fecha case por completo o extremo oeste e abriga parcialmente os laterais, mentres que o extremo leste ábrese totalmente ao mar. Sobre unhas pequenas basas de pedra érguense oito pares de piares redondos, de madeira, unidos por unha trama lateral. As cerchas do pórtico son de dúas ordes distintas: a do extremo norte é de "par, tirante, nudillo y pendolón"; as restantes de "par, pendolón, nudillo y tornapuntas" *2. Unhas zapatas consolidan o asento das cerchas sobre os piares, mentres unha carreira de varios listóns unidos reforza a estrutura en sentido lonxitudinal.

A cuberta é a dous augas, a tella plana repousa sobre finas correas de madeira colocadas ao longo das abas. O piso é de terra pisada, ten unha pequena pendente cara o mar, de xeito que altura do pórtico é algo menor no extremo norte, 7.8 m aproximadamente, que no lado do mar, onde rolda os 8.6 m.

- Plataforma de botadura: En tempos, as anguías (longueiros de madeira) e o carril cos que se deslizaba a embarcación ata o mar, estaban sustentados por unha plataforma de madeira cuns pivotes que se afundían no mar. Hoxe en día, esta estrutura atópase esboroada, de tal xeito que a extensión das anguías e o carril apenas podería facerse en precario.

- Almacén-obradoiro: Pequena construción de madeira, duns 25 m2. Consistente nunha caseta fechada e dous pequenos soportais, un cara o leste e outro cara o sur, onde se atopan unha serra de cinta e unha cepilladora. A caseta a máis de almacén tamén serve de oficina e taller de traballos pequenos.

- Dique-rampla:  Na beira do mar, en sentido transversal, cara ao norte, aínda preservase, un tanto esborrallado, un antigo peirao de rampla, feito de perpiaños pequenos. Por diante deste antigo peirao hai amoreados varios perpiaños sen moito asento, tendo quizais a función de dique de contención do mar.

Planos

Estado de

conservación

Estado xeral: regular.

O tinglado sufriu varias alteracións e deterioracións. Nomeadamente a substitución do material de dous piares de madeira, un por formigón e outro por metal. Óscar Fuertes Dopico sinala un defecto estrutural: os tirantes das cerchas non están correctamente ensamblados á carreira, co que se producen certas tensións e leves desprazamentos horizontais das armazóns *2.

Nalgúns sectores da cuberta substituíronse tellas por pranchas onduladas. Para melloralo feche penduráronse varias pranchas de diferentes materiais. Ademais hai un afundimento notable no centro da aba norte. Tamén estase a acumular verdello en amplos sectores.

O elemento máis deteriorado é a plataforma de botadura, da que se perderon os pivotes, co cal a anguía está totalmente en falso. 

Quizais o maior risco para conservación inmediata sexan os eucaliptos de gran tamaño que rodean o estaleiro, que poden caer ou incendiarse.

(avaliado en outono de 2017)

Cívica

Visitable

Accesible

Uso actual

Capintería de ribeira, esporádicamente.

- A parte costeira é concesión en Dominio Público Marítimo-Terrestre.

- A parte interior son tres parcelas privadas.

Propiedade

Proteccion histórico-cultural

Ningunha

Afectación 

urbanística

- Está incluso no "Plan Especial 4" do PXOU de Moaña.  Ver plano 

- Parte do estaleiro atopase no Dominio Público Maritimo-Terrestre. Ver plano 

- É "Solo Rústico de Protección de Cauces e Rios" do"Plan de Ordenación do Litoral" da Xunta.  Ver plano 

Proxectos de reutilización

Non se coñecen

Coñecer máis 

* Estaleiros tradicionais:

- De Riobó Casqueiro (Moaña).

- De Calragho (Moaña).

- De Rúa (Meira).

- De Meira.

- De Laxes (Domaio).

- De Punta Mouro (Domaio).

- Do "Anano" (S. Adrián de Cobres).

- De Acuña (S. Adrián de Cobres).

- De Vichoa / de Otero Vázquez (Sta. Cristina de Cobres).

- De Loureiro (Cesantes).

- De Roberto (Teis).

* Embarcacións:

- Nuevo Avizor.

- Taberneiro.

Patrimonio

relacionado

Non se coñecen

Testemuñas

Bibliografía

*1: DE JUAN-GARCÍA AGUADO, JOSÉ MARÍA. A carpintería de ribeira en Galicia (1940-2000). Ed: CIEF, Morgante. 2011. 1

*2: FUERTES DOPICO, ÓSCAR; Las Carpinterías de ribera en Galicia: La recuperación de sus arquitecturas. Pub.:  Universidade da Coruña. 2015. 

* BEREA, EDUARDO e GARCÍA MOVILLA, CARLOS, Ficha 22 do Inventario del Patrimonio Arquitectónico Industrial de Vigo y Comarca. Pub.: Ministerio de Obras Públicas. 1993.

A Óscar Fuertes Dopico, por cedelas fotografías e planos da súa tese doutoral.

Agradecementos

Última actualización da ficha: 20-IV-2021.

bottom of page